Saltar ao contido

Grunia Sukhareva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Grunia Sujareva»)
Modelo:BiografíaGrunia Sujareva
Nome orixinal(ru) Груня Ефимовна Сухарева Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Kíiv, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Morte26 de abril de 1981 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Vostryakovo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPsiquiatría Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpsiquiatra, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorI.M. Sechenov First Moscow State Medical University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosQ4255927 Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoQ4255927 Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsQ124848317 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMedvik >>>:Suchareva, Grunja Jefimovna, 1891-1981,
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata

Grunia Efimovna Sukhareva (en ruso: Груня Ефимовна Сухарева; pronunciación en ruso: /ˈɡrunʲə jɪˈfʲiməvnə ˈsuxɐrʲɪvə/) nada en Kíiv, Imperio Ruso, o 11 de novembro de 1891, e finada en Moscova, Unión Soviética, o 25 de abril de 1981, foi unha psiquiatra infantil soviética, pioneira no estudo do autismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sujareva naceu en Kíiv, na familia xudía de Chaim Faitelevich e Rajil Iosifovna Sukhareva.[1]

Entre 1917 e 1921 traballou nun hospital psiquiátrico de Kíiv. Desde 1921 traballou en Moscova e entre 1923 e 1925 dirixiu o Departamento de Psiquiatría da Universidade de Kharkov. En 1935 Sujareva fundou a Facultade de Psiquiatría Pediátrica no Instituto Central de Educación Médica de Posgrao. En 1938 dirixiu unha clínica de psicose infantil baixo o Ministerio de Agricultura e Alimentación (НКЗ РСФСР) da RSFSR. Durante moitos anos traballou como xefa do Hospital Psiquiátrico Kashchenko en Moscova.[2]

Investigación

[editar | editar a fonte]

Publicou a primeira descrición detallada dos síntomas do autismo, en ruso en 1925 e en alemán un ano despois.[3] Inicialmente usou o termo "psicopatía esquizoide" (que significaba naquel momento: "excéntrica"), pero posteriormente substituíuno por "psicopatía autista" ( evitando patolóxico) para describir o cadro clínico do autismo. O artigo publicouse case dúas décadas antes dos informes dos casos Hans Asperger e Leo Kanner, xa que o traballo pioneiro de Sujareva caeu en descrédito.[3] Foi a primeira en darlle importancia non só ao tratamento psiquiátrico senón tamén educativo, familiar e sistémico das persoas con trastornos do espectro autista (TEA). Como Leo Kanner e a diferenza de Hans Asperger, describiu características en ambos os xéneros, homes e mulleres, con TEA.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]